Publicado no DOG o decreto de creación das facultades de Deseño, Dirección e Xestión Pública e Relacións Internacionais

Novo paso adiante para a materialización das facultades de Deseño, Dirección e Xestión Pública e Relacións Internacionais da UVigo coa publicación hoxe no DOG do
no campus de Pontevedra, nos dous primeiros casos, e no de Ourense no de Relacións Internacionais. Unha vez acordada a creación dos centros, a Xunta de Galicia dará traslado ao Ministerio de Universidades para os efectos da súa inscrición no Registro de Universidades, Centros y Títulos (RUCT).

O decreto lembra que a UVigo, en sesión ordinaria do Consello de Goberno do 27 de xullo de 2021, aprobou a creación da Facultade de Deseño, da Facultade de Dirección e Xestión Pública e da Facultade de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, e o pleno do Consello Social, reunido o 29 de xullo de 2021, emitiu informe favorable á súa creación. En relación coa Facultade de Deseño, especifica o decreto publicado hoxe no DOG que, “este centro vén poñer as bases dunha formación integral que permita desenvolver estudos especializados no campo do deseño a todos os niveis, principalmente a partir da proposta de implantación da titulación de grao en Deseño dentro dos acordos alcanzados no SUG relativos á implantación de novas titulacións de grao”. O centro poderá albergar tamén futuras titulacións, tanto de grao coma de mestrado, relacionadas co ámbito do deseño. Dada a especificidade destes estudos, ausentes ata o momento no SUG, decídese a creación dun novo centro que ofreza unhas garantías de crecemento futuro para completar os diferentes niveis de formación no ámbito do deseño e os potenciais beneficios achegados ao ámbito socioeconómico da comunidade.

Ler a noticia completa no DUVI