15 días para acceder de balde ás instalacións deportivas e actividades dirixidas

Etiquetas

Non hai escusa para non practicar deporte, e moito menos coa posta en marcha por parte da Área de Benestar, Saúde e Deporte dunhas xornada de portas abertas que arrancan este luns e que permiten á comunidade universitaria coñecer e probar, de balde e sen compromiso, os ximnasios e instalacións deportivas dos tres campus e participar nas actividades dirixidas. Esta iniciativa enmárcase na Semana Europea do Deporte, unha proposta da Comisión Europea para combater o sedentarismo e na que a Universidade de Vigo participa activamente dende a súa posta en marcha en 2015.

Esta quincena de portas abertas estenderase ata o vindeiro 30 de setembro e está aberta ao alumnado, ao persoal de administración e servizos e ao persoal docente e investigador. No caso das instalacións deportivas, é preciso reservar o espazo con antelación, mentres que no caso das actividades dirixidas, aínda que non é obrigatorio, si é recomendable, xa que as prazas son limitadas.

Ler a noticia completa no DUVI