Dous ouros e un bronce para a UVigo no Campionato de España Universitario de Judo

Os campionatos de España universitarios seguen dando alegrías á Universidade de Vigo. Desta volta, o CEU de Judo que se celebrou esta fin de semana en San Pedro de Pinatar (Murcia), saldouse con tres medallas, dous ouros e un bronce, uns resultados que dende a Área de Benestar, Saúde e Deporte, cualifican de “magníficas novas”. Nesta cita, organizada pola UCAM, participaron 53 universidades de todo o estado.

As irmás Ínsua, Andrea e Noelia, acadaron cadanseu ouro en -52kg e -70 kg respectivamente. Repiten, deste xeito, a súa clasificación da pasada edición, que se celebrou no mes de outubro, cando Andrea, estudante de Fisioterapia, e Noelia, de Comunicación Audiovisual, tamén subiron ao alto do podio nas súas categorías. Desta volta, Andrea Ínsua superou na final a Cristina Ballester, da Universidad Miguel Hernández de Elche, tras derrotar previamente a Julie Díaz de Haro e Noelia Jardo. Noelia, pola súa banda, derrotou a Maialen Ramos, da EHU/UPV, no combate polo ouro, tras vencer previamente a Miriam Ujaque e Marina Hidalgo.

Ler a noticia completa no DUVI