Rama de coñecemento: Artes e humanidades
Campus: Campus de Pontevedra
Centro
Facultade de Belas Artes
Créditos ECTS
120
Cursos
2
Prazas
21
Descrición
No Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda da Universidade de Vigo ofertamos unha formación especializada. Desenvolvemos un programa centrado nas habilidades e ferramentas que precisan os deseñadores de moda contemporáneos. Profesionais creativos, poliédricos e versátiles, abertos, con recursos e capacidade para entender os cambios sociais, culturais e económicos. A importancia deseño no contexto da cultura e a sociedade actual resulta indiscutible. A formación específica en deseño non é só unha demanda da sociedade, senón un axente fundamental do desenvolvemento económico en Galicia, onde o sector moda é unha industria prioritaria.
O Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda conta cun programa actual e conectado coa realidade do mundo profesional. É a lóxica evolución xurdida dunha extensa experiencia na formación en moda durante máis de dez años na Universidade de Vigo.
ESDEMGA desenvolveu un programa de prestixio, situándose á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os nosos titulados están presentes habitualmente nas principáis pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos de unha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera.
Froito desa experiencia xorde agora na Universidade de Vigo o Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, un paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos; e co equipo humano e material necesarios para levalos a cabo.