Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Escola de Enxeñaría Forestal

Páxina web

 

Créditos ECTS

Cursos

3

Prazas

20

 

Descrición

O programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sustentable” é unha iniciativa institucional do campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA S2i, da Universidade de Vigo, que pretende reforzar a contribución da universidade a liñas prioritarias e retos sociais e globais establecidos, no ámbito da saúde, do medio, da comunicación, da educación e cultura e da gobernanza desde un enfoque transversal.

Está deseñado como un programa innovador, de carácter transversal, que busca estudar e aplicar solucións creativas aos desafíos da sociedade actual desde diferentes ámbitos, explorar novas formas de innovación e, á súa vez, entender o modo en que se desenvolven, conseguen os seus fins ou fracasan.