Suárez Cabeza

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Debuxo
Departamento de Debuxo

Información de contacto

+34 986 801 862
fscabeza@uvigo.es

Breve CV

Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo onde imparte clase como profesor dende o ano 1995 en materias do ámbito audiovisual, do departamento de debuxo, así como especialista en fotografía e imaxe dixital en Estudos superiores en Deseño Téxtil e Moda da Universidade de Vigo. Desenvolve a súa investigación e labor artístico en territorios transversais entre a fotografía e as novas tecnoloxías. Participou en numerosas exposicións colectivas dende os anos 80 en Espazo “P” co grupo “Deposito Dental” e Pedro Garhel. O seu traballo está unido á experimentación na Rede dende os inicios desta, coa creación no ano 96 do portal SITIOweb. Outra vía de traballo máis próxima ao documental levouno a participar en exposicións como Territorio Ashaninka, Sair A no CGAC, Retrospectiva Pedro Garhel no Centro de Arte La Regenta e no Centro Atlántico de Arte Moderna (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria. Comisariou, dentro do seu labor investigador, a exposición “Ficcións analóxicas. Videocreación galega nos anos oitenta” no CGAC de Santiago. Ocupou diferentes postos de responsabilidade académica. Liderou a posta en marcha da Área de Imaxe da Universidade de Vigo, ocupando a súa dirección dende a súa creación ata o ano 2011. Na actualidade desempeña o cargo de Vicedecano de Calidade da Facultade de Belas Artes.