Blanco Salgueiro

Profesor/a titular de universidade

Área de Pintura
Departamento de Pintura

Información de contacto

+34 986 801 839
loblanco@uvigo.es

Breve CV

Licenciada e doutorada en Belas Artes pola Universidade do Pais Vasco, onde imparte docencia en Pintura 1989/1991. Desde 1992 e ata a actualidade é profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Departamento de Pintura. Realizou 20 exposicións individuais e numerosas exposicións colectivas. Entende e practica unha arte para o espertar da conciencia, unha arte como ferramenta para a transformación do ser, espiritual e tamén terapéutico. En 2018 publica o xogo de cartas meditativas Os Habitantes de Gaia. Artigos publicados: “Míroche e véxome.Unha mirada fractal do eu” no Libro Míroche e véxome, ed. Sacauntos, 2020, “A arte como redención” no Catálogo Neste universo, un rumor simultáneo, “A quiescencia da materia, toda unha arte”, no libro Arte: Dicionario ilustrado, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2012. “Poñer en luz” no libro Aberto por obras. Editado pola Universidade de Vigo e o MARCO, 2005. “Art of the consciousness of knowledge” no libro Arts therapy: Recognized discipline or soul grafiti?, 2004. “Educación artística para o desenvolvemento da consciencia”, Revista Visualidades, Brasil, 2004. “A mirada interior como forma de coñecemento” no libro Sentidos do mirar, editado polo grupo de investigación PI1 da Universidade de Vigo, 2001.

Grupo de investigación

Arte e Antropoloxía. Debuxo

Liñas de investigación

  • A arte como ferramenta de transformación do ser