González González

Profesor/a axudante doutor/a

Área de Fisioterapia
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Información de contacto

+34 986 801 774
yoana@uvigo.es

Breve CV

Yoana González (Ourense, 1988), é Graduada en Fisioterapia pola Universidade de Vigo (Pontevedra, 2010) e conseguiu o título de Máster en Fisioterapia Neurolóxica pola Universidade Europea de Madrid (2011). Defendeu a tese de doutoramento: “Estudo prospectivo das variables psicopedagóxicas e a súa influencia nos indicadores de calidade académica nos estudantes de fisioterapia”. A súa experiencia laboral actual é de máis de 10 anos como fisioterapeuta en neuroloxía, e en trastornos músculoesqueléticos aplicando exercicio terapéutico mediante pilates, hipopresivos e ioga, debidamente especializada acudindo a múltiples cursos de formación. Tamén é persoal docente e investigador da Universidade de Vigo desde o ano 2010, formándose mediante numerosos cursos con acreditación de formación pedagóxica regulamentada. Tamén é coordinadora das unidades de fisioterapia, mediante as cales prestan apoio en numerosos eventos nos que se solicita o seu labor voluntario. A súa produción científica abarca a publicación de artigos científicos, é coautora de varios capítulos de libro, ademais de participar na presentación de comunicacións orais e escritas en máis de 10 congresos, algúns deles recibindo a invitación do comité científico organizador.

Grupo de investigación

Fisioterapia

Liñas de investigación

  • Fisioterapia en Neuroloxía
  • Fisioterapia en Pilates
  • Estrés e engagement no Grao en Fisioterapia