O campus de Pontevedra conta con cinco facultades (catro situadas na Xunqueira e unha no centro da cidade) e dous centros adscritos (un situado no centro da cidade e outro no concello veciño de Marín). A dirección e os servizos administrativos do campus localízanse na Casa das Campás e na Escola de Enxeñaría Forestal, respectivamente.