INCUVI Emprende

A Universidade de Vigo e a Fundación Universidade de Vigo, asumen o seu compromiso co colectivo universitario para fomentar o espírito emprendedor de estudantes e persoas egresadas, mediante a convocatoria dos premios INCUVI-Emprende. O obxecto destes premios é promover a elaboración dunha idea de negocio creativa baseada en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.

INCUVI Avanza

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Estudantes, en colaboración coa Vicerreitoría do campus de Pontevedra, convoca os Premios Incuvi-Avanza. O obxecto destes premios é ampliar o apoio a aqueles proxetos empresariais máis viables e con potencialidade dos galardoados nas últimas 4 edicións dos premios INCUVI-Emprende.

INCUVI Consolida

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Estudantes, en colaboración coa Vicerreitoría do campus de Pontevedra, convoca os Premios Incuvi-Avanza. O obxecto destes premios é a concesión dunha axuda que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos total o parcialmente na Universidade de Vigo e promovidos por persoas recentemente tituladas na mesma co fin de que os beneficiarios podan seguir madurando o proxecto validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

As persoas solicitantes so poderán presentar o proxecto desenvolvido durante a súa participación no programa INCUVI-Avanza.

Convocatoria dos premios INCUVI