Inicio

Campus CREA

 

Campus CREA

O Campus de Especialización CREA promove a transformación do campus de Pontevedra a partir da Creatividade, aglutinando baixo unha mesma identidade e imaxe de marca áreas de coñecemento como comunicación, publicidade, arte, educación e deseño

Así, o Campus CREA dota ao campus de Pontevedra dunha maior singularidade e especialización en base ás súas vantaxes competitivas.

O concepto aglutinador destas disciplinas, a creatividade, enténdese como un proceso esencial para a expresión humana e a materialización de solucións innovadoras adaptadas á realidade que dean resposta a problemas e retos sociais.

Por outra banda, o Campus CREA representa un campus dinámico e conectado coa súa contorna, mediante o establecemento de sinerxías e liñas de actuación conxunta entre a Universidade de Vigo e o tecido empresarial, económico, social e cultural da súa contorna próxima.

O Campus CREA xurde ao abeiro do proceso de especialización do Sistema Universitario Galego que promoven a Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e as universidades públicas.